sábado, 25 de diciembre de 2010

Cea de noiteboa 2010

Esta noiteboa, con dous pequechos dando voltas pola casa foi bastante especial, e como tiñamos que facer a cea só para 5, pois os pratos puideron ter tamén algo máis de preparación.

De primeiro un bocado que nos encanta, foie, calabaza asada e reducción de pedro ximenez sobre unha tosta fina. De primeiro prato decidimos preparar as vieiras de dous xeitos: por unha banda sobre a súa cuncha, con lagostinos, cebola caramelizada, allo finamente picado e bañada en viño branco, cun chorriño de aceite e pan raiado. A outra vieira estaba preparada marcada na plancha e despois ao forno durante 5 minutos, sobre un círculo de cabaza asada. Acompañada con sal maldom e para quen o queira cun pouco de reducción de p ximénez.

Para o prato principal escollimos facer o bacalhau do xeito que na familia Vázquez se denomina á portuguesa. Con capa de cebola confitada, capa de bacalhau limpo, con chícharos, ovo cocido, olivas, espárragos, pemento asado. E todo rematado cunha capa de puré de patata. Despois unha meia hora de forno e listo para comer.

E xa pola mañá trouxemos o cole para casa ;-)
e iso deu un chollo de montaxe que non vos podedes imaxinar, pasei os tres días anteriores lendo instruccións e montando paredes e chan. Para iso serven os irmáns maiores.


Bo Nadal e ledo aninovo a todos!!!

No hay comentarios: