Mostrando entradas con la etiqueta leiton. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta leiton. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de agosto de 2011

Octavio dos Leitoes, Ventosa de Bairro

Que atopásemos este restaurante perdido no medio da "nada" foi froito da casualidade. Durante unha viaxe relámpago a Portugal decidimos sair comer antes de Coimbra, e na guía de tascas de Mafalda César aparecía un restaurante chamado Nova Casa dos Leitoes en Anadía, na saída de Mealhada. Para alí nos dirixiamos cando a copiloto viu un cartel anunciando este restaurante. Escollimos este camiño e cruzamos un par de pequenos pobos portugueses ata chegar a Octávios dos Leitões. Un restaurante moi animado, cunha sala grande, moi concurrido para ser un día de semana (6ª feira ao almoÇo) Despois das entradiñas comimos o bacalhau, as costeletas de porco


e, por suposto, o Leiton asado.

Este último foi a miña elección. Coma sempre os acompañamentos moi ben, e o leiton delicioso, sabroso e tenro á vez. Un acerto. Para beber nos decantamos pola cervexa, que só tiñan en garrafa pequena (20cl) unha mágoa.
O restaurante ten parquin propio e na parte de abaixo unha carpa onde deben facer bodas, e un par de randeeiras que Antía disfrutou.