domingo, 13 de junio de 2010

Arrocería O Tamboril


Aínda que tamboril sexa o peixe sapo, non nos decantamos por esa especialidade durante a nosa visita do 30 de xaneiro de 2009. Xa sei que pasou un pouco de tempo, mais as miñas notas sobre o restaurante están gardadas, de aí que aínda me atreva a escribir un comentario sobre el.
Situado na rúa de República Arxentina, nº5, ubicado ao lado mesmo da praza de ponte castro. Xa levabamos un tempo querendo visitalo, ate que un sábado pola mañá deixamos a Antía colocada e fumos comer alí. Agradable comedor e trato amable, carta de viños ben estruturada, aínda que me decantase por tomar unha cervexa, que unha botella de viño para un só (Isabel embarazada) non resulta agradable de tomar.
De primeiro costounos decidirnos por unha ensalada con ventresca de bonito. Sen alardes, coa gracia de vir servida na propia lata de bonito. Fundamentalmente alface (leituga) e ventresca, iso si, de boa calidade. De segundo un arroz con perdiz e boletus delicioso, intensísimo de sabor e perfecto de cocción. O único problema é que resulta tan abundante que non nos permitíu chegar ao postre. Quedará para outra vez.
En canto ao prezo sae por menos de 30€ por persoa, contando con que tomedes viño, así que resulta un lugar para visitar.

No hay comentarios: